A GRAN PEREGRINACIÓN

Aventúrate no Camiño e participa nunha xornada única para reivindicar o xacobeo

Inscríbete antes do día 22 de abril

Visualiza o vídeo do Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa e déixache sorprender pola beleza e os tesouros que esconde este Camiño.

Vía Nova e tradición Xacobea

Campesiños e nobres, raíñas e lacaios peregrinando ata Compostela por un camiño cargado de significados e anos de historia

Os tesouros do camiño

natureza

Desfruta dos soutos, dos carballos, dos toxos, do lirio do Xurés e do voo da águia real nunha viaxe para descubrir o teu camiño…

gastronomía

Os sabores tradicionais da cociña galaico-portugesa conquistan aos comensais que se achegan ao camiño para gozar dos callos limiaos, da tenreira cachena, das forquellas ou da pata dos poetas

patrimonio

Santa Comba, a igrexa máis antiga de Galicia, comparte protagonismo e historia co legado de San Rosendo nun escenario que chega dende o neolítico ata os nosos días

termalismo

Un agasallo do camiño para o coidado do corpo e da mente do peregrino

Testemuños dos peregrinos

“Esta estrada da Geyra, que vai da Portela de Home por Ourense poca diferencia ten do camiño que actualmente se practica porque aínda que a Geyra en moitas partes se afasta do actual, contodo no se desvía moito das suas voltas (…) como largamente tudo observei duas veces que por ela andei”

Padre Matos Ferreira

1728

Camiñar por unha senda marcada polas estrelas, conquistada polos romanos. Onde a maxia en cada paso mestura natureza, cultura e tradición na peregrinaxe cara Compostela”

Marta Delgado

2021

“Vellos camiños de peregrinación de portugueses a Santiago de Compostela! (…) Chega San Martiño de Dume, o grande arcebispo de Braga, xa estamos de novo enlazados, minhotos e galegos, Santo Tirso, Celanova, Ourense, Braga,…”

Conde d’Aurora

1965

“Pousamos os pés na vía que San Rosendo pisou dende Santo Tirso até Celanova unindo con ilusión de pioneiro as terras de Portugal e Galicia co Rotary de Ourense en xullo de 2013. Peregrinación, turismo, rota de historia e fe”

Xabier Limia

2021

“Por o que foi, por o que aínda é, e por o que está chamado a ser, é necesario recuperar esta antiga ruta de peregrinaxe a Santiago. Dado que este ano é Ano Santo, é de xustiza darlle vida a esta itinerario cargado de significado e de anos de historia”

Manuel Rivero

2010

Que mellor referente para galegos e portugueses que esta figura egrexia e este Camiño que xungue ao longo do seu percorrido as dúas sés das que foi bispo hai mil anos: Dume en Braga e Compostela, e o lugar onde repousan os seus restos: o mosteiro galego de Celanova; el, que naceu ademais en Santo Tirso, nas ribeiras portuguesas do río Ave”

Xosé Benito Reza

2021


Praza Maior nº 1

32800, Celanova (Ourense)

info@caminodesanrosendo.org


Compromiso Calidade Turística en Destino