A GRAN PEREGRINACIÓN

Xa temos o cartel da vindeira cita para os amigos do Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa. Será o domingo 28 de abril e contamos con todos vós para percorrer a comarca, dende Lobios ata San Cibrao. Serán oito andainas simultáneas que rematarán -co traslado en autobús gratuíto incluído- nun gran acto reivindicativo na Praza Maior de Celanova. Haberá premios, música e máis sorpresas. Contamos con vós!

Podes inscribirte no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/1H-eNQDvwZXzxx3ycofY1S-mdHhf-cz5wb2Bg1izDXso/viewform?edit_requested=true&fbclid=IwAR1G1zuwh4BmzFeR-zmCr3l_XSf-Y9q3nit-faNsKk230cOYQEbHre_U5FQ_aem_AfAKteXRe-6uABZsc1nC3kaR4Oo47_MW8tJWrrlmhR4B2xOnyLQOZ9DBwD3HBUEP8Fa6Jndk9796b0uX0MQWVWYq

NOVA ACTIVIDADE NO CAMIÑO

Temos en marcha unha nova actividade! Desta vez, en colaboración con El Ranchito Ecuestre

🐴Trátase dunha ruta para a cativada da Baixa Limia que poderán percorrer un tramo da etapa do Camiño de San Rosendo entre Lobios e Riocaldo

🥾Poderán acompañar pais, nais, amigos… e todo aquel que se queira unir ao percorrido

📞Paramáis información, poñerse en contacto con El Ranchito Ecuestre

✨A actividade é aberta e gratuita co fin de dar visibilidade ao Camiño de San Rosendo, así como á Reserva da Biosfera Xures Gêres e toda a comarca en xeral

XA TEMOS PROGRAMACIÓN PARA ESTE OUTONO 2023

Un ciclo de conferencias sobre o Camiño da man do escritor e investigador Manuel Rivero.

Non deixes que cho conten, acude!

VI XORNADA PEREGRINA

4 de marzo de 2023

Camiña con nós nesta etapa entre Bande, Verea e Celanova que faremos conxuntamente cos irmáns de Santo Tirso, berce de San Rosendo e quilómetro cero deste antigo camiño xacobeo

Actividade organizada pola Asociación Amigos do Camiño Xacobeo de San Rosendo e da Rainha Santa, coa colaboración de MiraXurés e a Fundación Curros Enríquez, e os concellos de Bande, Verea e Celanova. Acompañarannos nesta actividade socios do Rotary Club de Santo Tirso (Portugal).
Huellas

V XORNADA PEREGRINA

A música marca os pasos polo camiño entre Lobeira e Bande

Actividade organizada pola Asociación Amigos do Camiño Xacobeo de San Rosendo e da Rainha Santa, coa colaboración de MiraXurés e os concellos de Bande e Lobeira

IV XORNADA PEREGRINA

Dende A Merca ata San Cibrao das Viñas coa literatura como fío condutor

Actividade organizada pola Asociación Amigos do Camiño Xacobeo de San Rosendo e da Rainha Santa, coa colaboración de MiraXurés, rurAllure e os concellos de A Merca e San Cibrao das Viñas

III XORNADA PEREGRINA” o 21 de maio

Camiña con nós dende Portela de Home ata Lobios

Actividade organizada pola Asociación CSRRS e o colectivo MiraXurés coa colaboración do Concello de Lobios

PEREGRINACIÓN XACOBEA

Dende Braga a Ourense 2022

Actividade organizada por Mira Xurés coa colaboración da Asociación CSRRS

II XORNADA PEREGRINA

Celanova e Verea. Marzo 2022

Actividade organizada pola Asociación CSRRS coa colaboración dos Concellos de Celanova e Verea

PEREGRINACIÓN XACOBEA

Dende Braga a Ourense 2021

Actividade organizada por Mira Xurés coa colaboración da Asociación CSRRS

XORNADA PEREGRINA

Bande, Celanova e Verea. Setembro de 2021

Actividade promocional do Camiño de San Rosendo organizada polo obradoiro de emprego
“O Refectorio”