Dende Bande, é preciso entroncar de novo o camiño na aldea de Recarei, seguindo dirección norte ata Sarreaus, para ascender ao Alto do Vieiro. Bordeando o castro homónimo e con espectaculares vistas sobre o Concello de Bande e o Monte Grande, chégase a fonte do Alto do Vieiro, onde comeza o descenso ata Celanova por terras de Verea. O itinerario pasará a beira do cruceiro de Santa Eulalia, ascende ata as mámoas do Outeirón, e bordea a media ladeira os Montes de Pena Edra, entre as aldeas de Gontán, Canón e Casasoá, onde comezará un forte descenso ata o Mosteiro de San Salvador de Celanova, que alberga outra das xoias do camiño, a capela de San Miguel do século X.

Powered by Wikiloc

Distancia: 17,23 quilómetros
Altitude máx/mín: 879/506 metros
Dificultade técnica: Moderada