Nesta etapa o camiño adéntrase no Gerês, chegando a Galicia por Portela do Homem. No seu primeiro tramo descende paralelo ao río Caldo, zigue-zagueando nas faldas das montañas do Xurés para, tras cruzar a Corga da Fecha, abordar o asentamento romano de Aquis Originis, preto das fontes termais de Baños de Río Caldo. Prosegue pola Vía Nova ata Vilameá, pasando á beira dun rústico cruceiro, un dos máis antigos do país. Tras cruzar o transparente río Vilameá, ascende ata a Portela da María, onde un marco petrografado con cruces nos indica unha antiga demarcación medieval. Dende a Portela descende ata o cruceiro de Cima de Vila e, entre pazos, viñedos e socalcos chega ata a vila de Lobios.

Powered by Wikiloc

Distancia: 21,52 quilómetros
Altitude máx/mín: 760/401 metros
Dificultade técnica: Moderada