O Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa parte da cidade de Braga, pero dado que o trazado histórico da Vía Nova, Geira para os portugueses, está pendente de estudo e sinalización, iniciamos a peregrinaxe na Santa Cruz. O punto máis alto da freguesía, ubicada xa na Cámara de Terras de Bouro. Antes de chegar alí, dende a veciña Amares no lugar de Vila Cova, atópase o primeiro tramo da Geira en territorio portugués.
A subida cara Terras de Bouro realizarase a través dun camiño medieval marcado sobre o itinerario romano, planeando sobre a paisaxe do fértil val do río Homem. Tras ir superando obstáculos, e pasar pola capela de São Sebastião da Geira, chégase á freguesía de Covide, co impoñente Macizo de Calcedonia, vixia do trazado, para continuar ata San Joâo do Campo.