Dende Ourense ata Santiago
O Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa é un ramal que ven dende o norte de Portugal, atravesando o sur da provincia de Ourense, ata a capital das Burgas. No corazón da bela Auria enlaza coa Vía da Prata ou Camiño Mozárabe, un itinerario que dende finais dos anos 90 do século pasado vén promocionando e divulgando a Asociación de Amigos da Vía da Prata-Camiño Mozárabe.
O colectivo ten perfectamente delimitadas as etapas que, dende Lubián ata Compostela, atravesan a provincia con diversas variantes. Dende Ourense cidade, son cinco as etapas que lle restan aos peregrinos de San Rosendo e da Rainha Santa para chegar ata a tumba do Apóstolo Santiago.
Visita a páxina da Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe – Vía Plata Ourense: