Existe, nesta derradeira etapa do Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa, unha variante que, dende Celanova achégase ao burgo medieval de Vilanova dos Infantes. É o itinerario marcado polos Camiños Naturais que prosegue entre as aldeas de Carfaxiño e Viveiro ata o refuxio de Ponte Grande. Un pouco máis abaixo, atravesa o río Arnoia para intérnase no territorio de Cartelle e, pasando por A Ulfe, chega ao santuario relixoso das Marabillas, de gran culto popular.

A partir deste punto, o camiño entra no seu último tramo antes da chegada á histórica cidade de Ourense, desenvolvéndose nas terras de A Merca, bordeando A Manchica e atravesando a aldea de Parderrubias, este último pobo cun interesante núcleo tradicional.

Vellos camiños e veredas permitirán atravesar o concello de Barbadás, cunha pequena incursión en Toén, cuxo castro presidirá boa parte do noso andar. Na cidade de Ourense, o Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa entroncarán coa Vía da Prata para aqueles peregrinos que queiran continuar ata Santiago.

Powered by Wikiloc
Distancia: 36,24 quilómetros
Altitude máx/mín: 526/104 metros
Dificultade técnica: Moderada