São Miguel do Couto (Santo Tirso)

Nas terras do monte Cordova, en Santo Tirso, atópase o lugar de San Miguel do Couto, lugar de nacemento de San Rosendo. No interior da igrexa matriz desta antiga freguesía consérvase a pía bautismal de San Rosendo, así como unha interesante colección pictórica sobre o santo celanovés, bispo de Dume-Mondoñedo e Compostela. Moi preto de alí inaugurouse en 2022 unha placa que evoca o quilómetro cero do Camiño de San Rosendo. O municipio de Santo Tirso, onde se mantén unha gran veneración polo santo, conta na súa praza principal cunha maxestosa estatua de San Rosendo, obra de Maria Irene Vilar. Na oferta museística de Santo Tirso non pode pasarse por alto o Mosteiro de São Bento, Monumento Nacional desde 1910; edificio rehabilitado e epicentro da rede museística conformada polo Museo Internacional de Escultura Contemporánea, o Centro de Arte Alberto Carneiro e o Museu Municipal Abade Pedrosa.
Braga
Considerada a capital relixiosa do país, Braga ofrece mil e unha alternativas para gozar do seu patrimonio cultural e monumental. A Sé é a catedral máis antiga de Portugal. Empezouse a construír a principios do século XI e, tanto a súa fachada como no interior, consérvase a herdanza artística das diferentes intervencións efectuadas ao longo de nove séculos. Do itinerario de igrexas e capelas, merece unha mención a igrexa de Santiago da Cividade, fundada en 1602 e sede da confraría de Santiago, consta dunha soa nave, cunha capela lateral e un coro no eixo. Ou a capela de San Lourenzo da Ordem, do século XVI e moi próxima a San Fructuoso. Está localizada no camiño de Dume, en cuxo adro da igrexa de San Martinho sitúase o núcleo museolóxico erixido sobre construcións anteriores romanas. No ano 866, probablemente coa época de extinción do mosteiro, a sede trasladouse a Mondoñedo, motivo polo cal os bispos da diocese mantiveron durante anos o título de bispos dumienses, incluído San Rosendo.


Para coñecer o legado romano da capital de Brácara Astúrica, nada mellor que visitar o espazo museolóxico das Termas romanas Alto da Cividade ou o próximo Museo D. Diogo de Sousa. No seu interior consérvanse pezas provenientes de diferentes xacementos arqueolóxicos da rexión, desde o Paleolítico ata a Alta Idade Media, con especial protagonismo para o legado romano. Na rúa do Raio atópase a Fonte do Idolo, datada no século I, e crese que era un santuario dedicado a TongoeNabiagoi.
Terras de Bouro
Porta de entrada ao Parque Nacional Peneda Gerês, Terras de Bouro marca tamén un dos trazados máis espectaculares da Geira Romana. Dende o Alto de Santa Cruz, punto xeográfico da freguesía do Souto presidido por unha capela e un miliario que testemuña o paso da Vía Nova, ata Campo do Gerês, que vai dar ao corazón da Mata da Albergaría.
Ao longo do camiño, sempre buscando a media ladeira, atópase a capela de São Sebastião da Geira do século XVII, o núcleo de Cóvde e a iglexa matriz dedicada a Santa Marinha a capela do Calvario, do século XIX, ou São João do Campo, unha antiga parroquia medieval que foi considerada polos clásicos como unha encomenda dos Cabaleiros do Temple.
En clave museístico, no municipio pódese visitar o Centro de Interpretación do Garrano en Sá ou o Museo Etnográfico do Gerês, composto polos espazos expositivos dedicados á Geira Romana, á Porta do Parque Nacional Peneda-Gerès e ao museo etnográfico sobre Vilarinho das Furnas.

Lobios

A riqueza de Lobios divídese, a partes iguais, entre o patrimonio natural no corazón do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés e a monumental, coa especial pegada deixada polos romanos seguindo o curso da Vía Nova, contando ao seu carón cos vestixios da mutatio de As Mouruas e a mansio Aquis Ogeresivus, erixida moi preto da zona termal de Os Baños. Nese museo ao aire libre que se atopa na parroquia de Río Caldo merece unha mención a Corga da Fecha. Unha espectacular fervenza que, en diferentes saltos, superan un desnivel de 200 metros. Si tes tempo e podes, non esquezas visitar algún dos museos que se atopan neste concello como son a Porta do Parque de Lobios, dedicado á biodiversidade do espazo natural, o Museo Numismático de Lobios e o Centro de Interpretación do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Muíños
A auga e o megalitismo son parte da identidade deste concello que o Camiño atravesa polo lugar de Parada de Ventosa. Un núcleo situado preto da presa das Conchas e presidido por unha maxestuosa igrexa dedicada a San Pedro. Varias son as lendas ao redor dos peregrinos e o cruceiro que preside o pobo. No límite con Lobeira, hoxe baixo as augas do encoro, atópase A Pontepedriña. A ponte erixida polos romanos para cruzar o río Limia (Lethes) e declarada Monumento Histórico-Artístico no ano 1944. No corgo se atopan varias praias fluviais e un diverso complexo de hospedaxes e museísticos, incluída a Porta do Parque e a Aula do megalitismo.

Lobeira

A capella da Inmaculada en As Conchas a da Virxe das Neves en Tedós ou a de San Lorenzo nos Chaus marcan o paso do Camiño neste concello da ribeira do embalse. Un trazado a media ladeira que permite desfrutar da panorámica do Val do Limia. No municipio, cuna de Xaquín Lorenzo Fernández “Xocas” ao que está dedicado a Porta do Parque na Vila, mantense unha grande devoción mariana que, cada domingo de Pentecostés, maniféstase no Santuario do Viso
Bande
O territorio dos quaquernos foi escenario, ao longo dos anos, da pegada das diferentes culturas que habitaron nel. Dende castro de Rubiás ata a igrexa de San Pedro da capitalidade, a riqueza deste municipio sortea bosques e ríos que antano albergaron a lexión romana. A súa pegada máis importante está a carón do encoro das Conchas. O campamento militar romano de Aquis Querquennis que serviu de base para a construción da Vía Nova e hoxe un dos principais reclamos do municipio, contando ademais cun interesante centro de interpretación no lugar de Porto Quintela. Moi preto de alí está as termas e tamén a igrexa visigótica de Santa Comba. A igrexa máis antiga de Galicia foi o lugar escollido para custodiar, durante séculos, os restos de San Torcuato, discípulo do Apóstolo Santiago. Os carballos da sementeira, o parque arqueolóxico do Monte Grande ou o espazo de lecer do Alto do Vieiro son outros dos recursos que agochan estas terras, na porta de entrada ao Xurés.

Verea

A súa orixe etimolóxico significa “camiño”, ao atoparse no camiño portugués de Celanova, que á súa vez é unha antiga vía romana de carácter secundario, que saía de Aquis Querquennis e atravesaba o municipio a través do alto do Vieiro, de novo unha referencia ao camiño. Na Portela do Samuel, tal e como recolle o Tombo de Celanova, o abade de Celanova e o prior do mosteiro de Veiga proxectaron construír no século XII un hospital de peregrinos. A capitalidade de Carballo referenda o carácter xacobeo do mesmo coa igrexa dedicada a Santiago Apóstolo. Nos recursos deste municipio de alta montaña, na raia con Portugal, destacan as pegadas do megalitismo, coa maxestuosa mámoa da Mota Grande. Máis preto do Camiño se atopan as mámoas do Outeiron e, chegando a Celanova, o peto de ánimas e a igrexa de San Andrés de Gontán, do século XVIII.
Celanova
A vila fundada por San Rosendo no século X ten no Mosteiro de San Salvador o seu principal atractivo, pero non o único. O municipio conta con seis Bens de Interese Cultural (BIC) que ben merecen unha visita. Comezando polo propio cenobio e a capela de San Miguel, do século X e o único vestixio que queda en pé de tempos do fundador, e o cenobio composto por dos claustros e as antigas dependencias monacais, hoxe en día sede de diferentes dependencias e servizos. A escasos metros da Praza Maior atópase a Casa dos Poetas, casa familiar do poeta Manuel Curros Enríquez e epicentro da actividade cultural da localidade. O conxunto de BIC complétao o castro castrexo de Castromao, a ponte romana de Ponte Freixo, así como Vilanova dos Infantes. No burgo medieval, ademais da Torre da Homenaxe merece unha visita a adega de San Vivián, de orixe misteriosa e que alberga a exposición sobre os zapateiros.

A Merca

A igrexa de San Pedro da Mezquita e o conxunto de 34 hórreos da Merca conforman, a día de hoxe, os principais símbolos e reclamos deste concello situado no camiño da Rainha Santa, tal e como denomina a tradición oral este tramo do Camiño. A capitalidade da Merca constituíuse como tal no ano 1835, sendo ata esa data Vilar de Paio Muñiz un dos lugares de referencia do territorio, con referencias que datan dende o século XVII.
San Cibrao das Viñas
A historia deste municipio situado xa no arrabalde da capital remóntase ao Paleolítico, xogando un papel importante no arrabalde viario romano primeiro e medieval despois, chegando ata os nosos días vestixios miliarios, cruceiros e templos, e tamén das casas e pazos que dan conta da importancia da fidalguía e nobreza. O municipio é tamén lugar de paso a Santiago pola Vía da Prata e conta coa Boutureira, un espazo natural de 184 ha. declarado de interese local bañado por el río Barbadás e un variado arboredo polo que descorren diferentes rutas.

Ourense

Capital termal e punto e seguido do Camiño de San Rosendo, antes de afrontar os derradeiros 106 quilómetros ata Compostela a través do camiño mozárabe-Vía da Prata, conta con importantes monumentos e vestixios que ven merece unha visita pausada. Dende o patrimonio relixioso, liderado pola Catedral en honor a San Martiño, ata a oferta gastronómica polo casco vello e termal, con varias zonas de baño ao carón do pai Miño. A Ponte Romana é o máis antigo dos oito pasos que salvando o Miño e unha pegada clara do paso dos romanos por estas terras. Unha ruta básica pola cidade ten que arrancar nas Burgas, a orixe de Ourense nunha fonte milenaria que mana auga a máis de 60 grados e prosegue despois ata a Praza Maior, o Pazo de Oca Valladares onde ten a súa sede o Liceo; o antigo Palacio Episcopal, sede do Museo Arqueolóxico actualmente pechado por obras; e o conxunto de igrexas dende Santa María Nai ata Santa Eufemia, para rematar na Catedral de San Martiño. Sede relixiosa e tamén lugar onde se custodia o tesouro de San Rosendo.

